Wednesday 24 de April de 2024

O Concello da Coruña presenta o Trofeo Teresa Herrera de Judo e o Trofeo Miguelito


Boas tardes, achegamos fotografías da presentación do Trofeo Teresa Herrera de Judo e do Trofeo Miguelito. Ao acto asistiron a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e a subcampioa do mundo Laura Martínez.

Tras o éxito das 22 edicións anteriores, preséntase o XXIII Trofeo de Judo Teresa Herrera que este ano formará parte, de novo, do campionato nacional tras a designación de Galicia como sede pola Real Federación Española de Judo. Este evento será este domingo día 14 de novembro no pavillón municipal do Barrio das Flores a partir das 9.30 horas.

Por outra banda, o 28 de novembro regresa o Trofeo Miguelito coa súa edición número 33. Este evento promovido polo Concello acolle cada ano a milleiros de judocas menores de 12 anos no Coliseum da Coruña​